jueves, 25 de septiembre de 2008

PREVIA DA 3ª XORNADA

Chantada B - Becerreá:
Despois de sumar dous empates en sendos partidos, temos ganas de vencer xa. De todos modos, sabemos que enfronte teremos un rival moi complicado que se prevé que esté nos postos de arriba ó final da tempada, polo que deberemos de facer un bo partido para vencer. Non obstante, ó xogar no Sangoñedo sairemos a por todas, e seguro que chega o primeiro triunfo da tempada.
Corgo - Monterroso:
Despois da goleada da pasada semana, o Monterroso tratará de ratificar o seu bo momento de forma vencendo no campo do Corgo, que só suma un punto.

San Roque - Taboada:
Ata o de agora, nos partidos do Taboada non se viron goles, todo o contrario que nos do San Roque, que xa venceu e perdeu por goleada. Polo tanto, partido sen un favorito claro.

Palas - Lajosa:
O Palas tratará de ratificar o seu bo momento nun partido no que é favorito ante o Lajosa.

Santa Comba - Paradela:
O Santa Comba tratará de aproveitarse do mal momento do Paradela, que aínda non puntuou, para lograr o seu primeiro triunfo da tempada.

Bóveda - A Barrela:
O Bóveda, colíder con 6 puntos, é favorito ante a Barrela, que aínda non sumou nesta campaña.

Arenas - Residencia:
Partido que se prevé igualado en Monforte, se ben o Arenas parte como favorito debido o seu mellor comezo.

Sober - San Lázaro:
Duelo que se prevé igualado entre dous equipos que aínda non perderon neste inicio de campaña.

lunes, 22 de septiembre de 2008

SEGUNDO EMPATE; RESUMO DA XORNADA

CD Corgo 1-1 SD Chantada B:
Segunda xornada de liga e segundo empate que colleitamos. Adiantámonos moi pronto co gol de Adrián, e na primeira metade puidemos ampliar a vantaxe, pero non o conseguimos. No segundo periodo, o Corgo animouse un pouco máis e empatou, un premio, ó meu ver, demasiado grande. Outra vez máis, faltounos materializar as nosas ocasións e terminámolo pagando. De tódolos xeitos, a imaxe do equipo foi boa, e vese que melloramos semana a semana, pese a ter todavía varias baixas.
Pola súa banda, o Corgo conseguiu o primeiro punto da tempada.

A Barrela CF 2-3 CD Arenas
A Barrela segue sen puntuar, aínda que contra o Arenas parece ser que mereceu mellor sorte. Pola súa banda, o Arenas suma 6 de 6 e lidera a clasificación.


CD Lajosa 1-1 SDC Santa Comba
Empate entre dous equipos que todavía non coñecen a victoria; o Lajosa suma un punto e o Santa Comba dous.

SD Monterroso 4-0 SDC San Roque
O Monterroso desfíxose sen problemas do San Roque, e tras caer na xornada inaugural, empeza a amosar o seu potencial; pola súa banda, o San Roque, despois de comezar ben a liga, sufriu unha contundente derrota.

SD Paradela 1-2 AD Bóveda
O Paradela segue sen puntuar, mentres que o Bóveda é colíder xunto co Arenas despois de sumar os 6 puntos disputados.

SD Residencia 0-0 CD Sober
A Residencia suma dous puntos despois de colleitar sendos empates. O Sober, pola súa banda, ratifica o seu bo comezo de tempada, no que suma 4 puntos.

SD San Lázaro 1-1 SD Becerreá
San Lázaro e Becerreá suman dous puntos no incio de campionato despois de contar os seus partidos por empates. Desta volta, foi un bonito duelo entre dous equipos que darán que falar.

Taboada CF 0-0 CD Palas
O Taboada suma dous puntos, tras sendos empates. Ademais, o equipo da Medela non sabe o que é marcar nin que lle marquen. Pola súa banda, o Palas certifica un bo comezo, no que suma 4 puntos.

viernes, 19 de septiembre de 2008

2ª XORNADA DE LIGA


Esta fin de semana dispútase a segunda xornada de liga. Será a nosa primeira saída, neste caso para enfrontarnos ó Corgo, no que será un partido difícil, pois nesta categoría é moi complicado gañar como visitante.
De tódolos modos, nós iremos coa idea de acadar a nosa primeira victoria da tempada. Eles seguro que teñen ánimo de revancha, pois non comezaron ben, xa que perderon 3-0 na primeira xornada.
O resto de partidos da xornada son:

Monterroso - San Roque

Taboada - Palas

Lajosa - Santa Comba

Paradela - Bóveda

A Barrela - Arenas

Residencia - Sober

San Lázaro - Becerreá

martes, 16 de septiembre de 2008

COMEZAMOS CUN EMPATE; RESUMO DA XORNADA

O pasado domingo comezamos a liga cun empate na casa ante o San Lázaro. Na primeira metade fomos mellores, pero non marcamos. Sí o fixemos o principio do segundo periodo; despois puidemos incrementar a vantaxe, pero non o logramos, mentres que eles tamén se achegaron algunha vez á nosa portería. Preto do final, empatáronnos cun gol de falta, así que un punto para cada equipo. Os resultados da xornada foron os seguintes:

Bóveda 1-0 Lajosa:
O Bóveda, despois de estar apiques de subir a tempada pasada, comeza forte esta campaña, mentres que o Laxosa perdeu nun campo difícil.

Arenas 3-0 Paradela:
O Arenas comeza a tempada cunha cómoda victoria que o aúpa o máis alto da táboa. Os de Néstor esperan estar arriba esta temporada; pola súa banda, o Paradela non comeza con bó pé.
Palas 3-2 Monterroso:
O Palas, recén descendido, levouse un derbi no que o Monterroso chegou a vencer por 1-2; os dos Cerdeiriños viron como o Palas lle daba a volta o partido e deberán esperar á 2ª xornada para empezar a sumar.

Sober 2-1 A Barrela:
O Sober de Chura impúxose por 2-1 á Barrela, que regresaba á categoría despois de ascender a campaña pasada. Os soberinos comezan deste xeito sumando tres puntos, mentres que os visitantes venderon cara a súa derrota.

Becerreá 3-3 Residencia:
Partido con goles en Becerreá entre dous equipos que se espera que estén na zona media-alta da táboa esta tempada.

Chantada B 1-1 San Lázaro:
Reparto de puntos no Sangoñedo, entre un Chantada B que esta campaña é un equipo moi renovado e un San Lázaro que ven de baixar de 1ª Rexional.

San Roque 3-0 Corgo:
O San Roque xa é colíder xunto co Arenas despois de vencer ó Corgo, que non empeza con bó pé a tempada.

Santa Comba 0-0 Taboada:
O único partido sen goles da xornada. O Taboada comeza puntuando fora, algo que sempre é importante, mentres que o Santa Comba, descendido de 1ª Rexional, non logrou empezar con victoria.

jueves, 11 de septiembre de 2008

Empeza o serio

Este fin de semana comezamos a competición. Despois de máis dun mes de adestramentos e partidos amistosos, por fin empeza "o serio". A verdade e que fomos progresando durante toda a pretempada, aínda que a sorte coas lesións non nos axudou nada neste tramo de preparación.

De todos modos, xa temos moitas gañas de comezar a competir, e este domingo intentaremos lograr unha victoria para comezar con bó pé a liga. O rival non será nada doado, o San Lázaro, que descendeu a tempada pasada de 1ª Rexional, e que seguro que será un rival moi complicado.

Na pretempada logramos dúas victorias (Taboada e Antas) e dúas derrotas (A Barrela e Sober), pero competimos ben en tódolos encontros, e confiamos en ter un bo debut.

O partido será este domingo ás 5:30 da tarde no Sangoñedo.

martes, 9 de septiembre de 2008

Rematamos a pretempada


No último partido amistoso perdemos por 1-2 ante o Sober. O partido estivo igualado, pero fallamos en defensa nos dous goles e esto costounos a derrota. O noso gol marcouno o pichichi da pretempada, Adrián, que rematou deste xeito o periodo de preparación con 4 dianas. Tivemos varias baixas de xogadores lesionados, a ver si podemos recuperar a algún para o comezo da liga, este domingo. A verdade e que non nos está a acompañar a fortuna no tema das lesións nesta pretempada.

De todos modos, xa estamos preparados para empezar a competición oficial, aínda que desa xornada xa falaremos. A pretempada creo que foi bastante boa, polo que esperamos chegar ben ó comezo da liga, se ben é certo que somos unha plantilla completamente nova e aínda teremos que seguir mellorando.

lunes, 1 de septiembre de 2008

SEGUIMOS XOGANDO AMISTOSOS


Bueno, pois unha semana máis, disputamos partido amistoso, aínda que desta vez foi por partida doble: o sábado vencemos ó Antas por 2-1. Empezamos perdendo cun gol de penalti, pero antes do descanso xa empatamos co gol de David despois dun bo pase de Efrén. Na segunda metade, cerca do final, Adrián marcou o 2-1 definitivo.


O domingo perdemos contra a Barrela por 2-1. Foi un partido malo pola nosa parte, a parte de que tamén se notara o feito de xogar un partido o día anterior. Adiantáronse no primeiro periodo e no segundo puxéronse 2-0. Ó final do partido, Adrián (que está nun gran momento de forma) marcou de penalti cometido sobre Amis.


Os partidos seguiron para seguirnos proando e acabar de coller o tono físico, xa que pronto comezaremos a tempada. Xa só nos queda un amistoso, que será o sábado no Sangoñedo fronte o Sober.