martes, 2 de diciembre de 2008

PRIMEIRA VICTORIA!!! POR FIN!!!

POR FIN CONSEGUIMOS A PRIMEIRA VICTORIA DA TEMPADA, AÍNDA QUE FOI NO ÚLTIMO MINUTO GRACIAS A UN GOL DE MARCOS. RUBÉN ADIANTÁRANOS NA PRIMEIRA METADE, PERO CUBANO FIXO A IGUALADA NO SEGUNDO PERIODO. DESTE XEITO DEIXAMOS Á BARRELA A TRES PUNTOS, E SUMAMOS SEIS.
ESPERAMOS QUE ESTE TRIUNFO NOS SIRVA PARA COLLER CONFIANZA, E INTENTAREMOS CONSEGUIR TRES NOVOS PUNTOS ESTA FIN DE SEMANA FRONTE Ó PALAS NA CASA. O PALAS, AÍNDA QUE CUN PARTIDO MENOS, TEN 11 PUNTOS, POLO QUE É UN CHOQUE BASTANTE IMPORTANTE.

jueves, 27 de noviembre de 2008

NOVA DERROTA, POR 1-3

PERDEMOS POR 1-3; NO MINUTO 77 GANABAMOS 1-0 GRACIAS Ó GOL DE EFRÉN DE CABEZA NUN CÓRNER, PERO NOS ÚLTIMOS MINUTOS BOTAMOS TODO O TRABALLO ABAIXO.

POR PROBLEMAS DE TEMPO ESTAS SEMANAS NON ESTAMOS A PODER ACTUALIZAR COMO NOS GUSTARÍA, PERO A PARTIR DA PRÓXIMA SEMANA ESPERAMOS PODER FACELO CON NORMALIDADE.

lunes, 17 de noviembre de 2008

ROMPEMOS A RACHA DE DERROTAS CUN EMPATE EN PARADELA

EMPATE A DOUS TANTOS EN PARADELA QUE NOS SERVE PARA ROMPER A NOSA MALA RACHA DE 7 DERROTAS SEGUIDAS. SUMAMOS UN PUNTO QUE ESPERAMOS QUE SIRVA PARA ROMPER ESTA DINÁMICA E DARNO ÁNIMOS PARA INTENTAR DARLLE A VOLTA A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS. NON OBSTANTE, É DE XUSTIZA DECIR QUE ESTA VEZ NON MERECEMOS TANTO PREMIO.

NA PRIMEIRA METADE ESTIVEMOS MOI MAL, E FÓMONOS PERDENDO 2-0 Ó DESCANSO XUSTAMENTE. NO SEGUNDO PERIODO CAMBIOU A CARA DO EQUIPO, PERO TAMPOUCO CREAMOS MOITO PERIGO. CABEZAS MARCOU DE PENALTI NO MINUTO 53 DESPOIS DUNHA CLARA MAN DUN XOGADOR LOCAL. E CANDO XA PARECÍA QUE SUMARIAMOS UNHA NOVA DERROTA, NO MINUTO 94, CABEZAS APROVEITARÍA UN BALÓN LONGO PARA EMPATAR. O RESTO DE RESULTADOS FORON:

A BARRELA 1-0 LAXOSA

SAN LÁZARO 0-2 MONTERROSO

BECERREÁ 5-0 CORGO

BÓVEDA 5-2 SANTA COMBA

RESIDENCIA 0-1 TABOADA

SOBER 2-0 SAN ROQUE

ARENAS 3-2 PALAS

martes, 11 de noviembre de 2008

NOVA DERROTA, ESTA VEZ INXUSTA

VOLVEMOS CAER, ESTA VEZ ANTE O LÍDER, O BÓVEDA, POR 2-3, AÍNDA QUE A ACTUACIÓN ARBITRAL CONDICIONOU MOITO O CHOQUE, ASÍ COMO TAMÉN O FIXERON OS NOSOS ERROS DEFENSIVOS PUNTUAIS.

ADIANTÁRONSE NUN GOL QUE PROTESTAMOS POR FORA DE XOGO, E POUCO DESPOIS EMPATAMOS CUN GOLAZO DE PLÁCIDO. ANTES DO DESCANSO HABERÍA LUGAR PARA A POLÉMICA, XA QUE ELES FIXERON O 1-2 CUN PENALTI MOI PROTESTADO POR NÓS, E MINUTOS MÁIS TARDE, UNHA MAN NA ÁREA VISITANTE NON FOI SINALADA.

Ó PRINCIPIO DO SEGUNDO PERIODO, PLÁCIDO FOI EXPULSADO POR DOBLE AMONESTACIÓN, VENDO O SEGUNDO CARTÓN POR, SUPOSTAMENTE TIRARSE NA ÁREA, PERO O AGARRÓN EXISTIU, POLO QUE PODEMOS ESTAR FALANDO DUN SEGUNDO POSIBLE PENALTI.

PESE A XOGAR CUN MENOS 35 MINUTOS, SEGUÍMOLO INTENTANDO, INCLUSO DESPOIS DO 1-3, QUE CHEGOU NUNHA CONTRA NO MINUTO 71. ADRIÁN RECORTARÍA DISTANCIAS DE PENALTI NO MINUTO 80, E NO 92 TERIAMOS UNHA BOA OCASIÓN PARA EMPATAR, PERO O META VISITANTE PAROU O REMATE DE TONI.

O RESTO DE RESULTADOS PODÉDELOS VER NA SECCIÓN DE RESULTADOS DA WEB.

martes, 4 de noviembre de 2008

¡¡¡SEXTA DERROTA CONSECUTIVA!!!; RESUMO DA 8ª XORNADA

Lajosa 2-1 Chantada B: sexta derrota seguida que acumulamos, pese a que non o merecemos por xogo; o outro día chegamos ó descanso perdendo 1-0, na segunda metade empatamos cun gol de Adrián, pero no último segundo marcáronnos o 2-1 (xa nin nos deu tempo a sacar de centro), despois de que nós perdonaramos o segundo minutos antes. Pola súa banda, o Laxosa conseguiu a súa primeira victoria da tempada e xa nos supera na táboa.

Paradela 0-0 Taboada: empate entre dous equipos que seguen na zona media-baixa da clasificación.

A Barrela 0-1 Monterroso: sufrido triunfo dun Monterroso que segue forte ante A Barrela, que aínda non sumou.

Residencia 6-0 Corgo: goleada que confirma o potencial da Residencia.

San Lázaro 1-1 San Roque : empate entre dous equipos que están firmando un bo comezo.

Becerreá 5-2 Palas: contundente victoria do Becerreá ante o Palas, o que supón un traspés para estes. Os locais seguen a amosar que estarán arriba.

Sober 1-0 Santa Comba: o Sober segue coa súa boa xeira de resultados a costa de un Santa Comba que está na zona media-baixa.

Arenas 2-3 Bóveda: o Bóveda recupera o lideraro despois de vencer ó Arenas na Pinguela, pese a xogar cun menos moito tempo.

viernes, 31 de octubre de 2008

8ª XORNADA

AQUÍ ESTAMOS ACTUALIZANDO DE NOVO; DENDE A SEMANA PASADA NON O PUIDEMOS FACER POR MOTIVOS DE TEMPO; CO XA TEREDES SABIDO, VOLVEMOS A PERDER FRONTE O ARENAS, POR 1-2, AÍNDA QUE PENSO QUE CANDO MENOS MERECEMOS EMPATAR.

O PARTIDO DESTE PRÓXIMO DOMINGO SI QUE É XA CLAVE: ENFRONTÁMONOS Ó LAJOSA, CO QUE ESTAMOS EMPATADOS A PUNTOS. ADEMAIS, DEBEMOS SUMAR XA O PRIMEIRO TRIUNFO DA TEMPADA PARA NON SEGUIR ACUMULANDO DESVANTAXE CO RESTO DE EQUIPOS.

viernes, 24 de octubre de 2008

PARTIDO FRONTE O ARENAS; 7ª XORNADA

O DOMINGO ENFRONTÁMONOS Ó ARENAS ÁS 4.30 NO SANGOÑEDO. DEBIDO A QUE SÓ SUMAMOS DOUS PUNTOS, SERÍA MOI IMPORTANTE PARA NÓ SACAR UN RESULTADO POSITIVO, TANTO A NIVEL MORAL COMO CLASIFICATORIO, POIS XA HAI QUE EMPEZAR A SUMAR, AÍNDA QUE NESTE CASO OS MONFORTINOS SERÁN UN RIVAL DURO.

OS OUTROS PARTIDOS DA XORNADA SON:

Taboada - Lajosa
Monterroso - Paradela
Corgo - A Barrela
San Roque - Residencia
Palas - San Lázaro
Santa Comba - Becerreá
Bóveda - Sober

martes, 21 de octubre de 2008

PERDEMOS EN TABOADA; ASÍ FOI A 6ª XORNADA

Taboada CF 3 - 0 Chantada CF B; NOVA DERROTA, E XA NOS METEMOS NUNHA SITUACIÓN PREOCUPANTE. SEN DÚBIDA, O TABOADA LEVOUSE MERECIDAMENTE OS TRES PUNTOS, AÍNDA QUE OS TRES TANTOS CHEGARON NA SEGUNDA METADE.

SD San Lazaro 3 - 0 SCD Santa Comba
O SAN LÁZARO CONSEGUIU O SEU PRIMEIRO TRIUNFO DA TEMPADA

CD Sober 3 - 0 Club Arenas
O SOBER SEGUE A AMOSARSE FORTE NESTE INICIO DE CAMPAÑA

SD Residencia 2 - 1 Palas CF
VICTORIA DUNHA RESIDENCIA QUE EU CREO QUE SERÁ UN DOS GRANDES FAVORITOS, E PRIMEIRA DERROTA DO PALAS.

SD Lajosa 0- 1 SD Monterroso; VICTORIA DO MONTERROSO QUE POR FIN VENCE A DOMICILIO.

SD Paradela 4- 2 CD Corgo

A Barrela CF 0- 2 SDC San Roque
O SAN ROQUE XA É LIDER, LOGO DUN GRAN COMEZO DE LIGA.

SD Becerrea 4- 2 AD Boveda CF; O BÓVEDA CAEU POR PRIMEIRA VEZ NA LIGA ANTE UN BECERREÁ QUE SE AMOSA MOI FORTE NESTE TRAMO INCIAL DE CAMPAÑA.

jueves, 16 de octubre de 2008

6ª XORNADA DE LIGA: TOCA GAÑAR

POIS ESTE SÁBADO DISPUTAMOS UN NOVO DEBIR, ÁS 4:30 DA TARDE FRONTE O TABOADA NA MEDELA. AMBOS EQUIPOS NON SABEMOS O QUE É VENCER, POLO QUE AFRONTAREMOS O ENCONTRO CON MOITAS GAÑAS. ESPERAMOS CONSEGUIR O NOSO PRIMEIRO TRIUNFO, AÍNDA QUE SABEMOS QUE NON SERÁ NADA FÁCIL.

O RESTO DE PARTIDOS SON:

A Barrela CF - SDC San Roque

CD Lajosa - SD Monterroso

CD Sober - CD Arenas

SD Becerreá - AD Bóveda

SD Paradela - CD Corgo

SD Residencia - CD Palas

SD San Lázaro - SDC Santa Comba

lunes, 13 de octubre de 2008

NOVA DERROTA, ESTA VEZ ANTE O SOBER



CAEMOS POR TERCEIRA SEMANA CONSECUTIVA (1-2), E TRAS CINCO XORNADAS, SEGUIMOS SEN COÑECER A VICTORIA, O QUE NOS LEVA Ó PENÚLTIMO POSTO DA TÁBOA. DE TODOS XEITOS, AÍNDA É CEDO PARA PREOCUPARSE POLA CLASIFICACIÓN. O OUTRO DÍA, NON MERECEMOS TANTO CASTIGO, PERO FALTOUNOS CREAR UN POUCO MÁIS DE PERIGO, POIS O DOMINIO FOI TOTALMENTE NOSO. OS GOLES FORON TODOS MOI POLÉMICOS: O 0-1 DO SOBER CHEGA NUN PENALTY QUE O COLEXIADO SINALOU NO SALTO QUE SE VE NA IMAXE, E QUE FOI MOI PROTESTADO; O SEGUNDO VISITANTE FOI NUN MÁIS QUE POSIBLE FORA DE XOGO, E O NOSO DE PENALTY TRANSFORMADO POR ADRIÁN E TAMÉN MOI DISCUTIBLE, XA NO TEMPO DE DESCONTO.

O RESTO DA XORNADA TIVO ESTES RESULTADOS:

MONTERROSO 4-1 TABOADA: VICTORIS LOCAL NO DERBI DUN MONTERROSO QUE SE AMOSA INTRATABLE NA CASA PERO QUE AÍNDA NON VENCEU FORA. O TABOADA, POLA SÚA PARTE, TODAVÍA NON COÑECE A VICTORIA.

CORGO 1-1 LAJOSA: EMPATE ENTRE DOUS EQUIPOS QUE SE ATOPAN NA ZONA MEDIA-BAIXA

SAN ROQUE 4-1 PARADELA: O SAN ROQUE ESTÁ A SER A REVELACIÓN DE ESTE INICIO DE LIGA E VOLVEU VENCER COMO LOCAL, ESTA VEZ A UN PARADELA QUE ESTÁ NOS ÚLTIMOS POSTOS.

PALAS 3-0 A BARRELA: VICTORIA DUN PALAS QUE SE AMOSA MOI FORTE ANTE UNHA BARRELA QUE AÍNDA NON PUNTUOU.

SANTA COMBA 2-0 RESIDENCIA: PÓDESE CALIFICAR COMO A SORPRESA DA XORNADA, TRIUNFO DUN SANTA COMBA QUE XA SUMA 8 PUNTOS CONTRA A RESIDENCIA, QUE AÍNDA NON PERDERA.

BÓVEDA 4-1 SAN LÁZARO: O BÓVEDA SIGUE INTRATABLE E VENCEU A UN SAN LÁZARO QUE AÍNDA NON PERDERA, E QUE AGORA SEGUE SEN COÑECER A VICTORIA.

ARENAS 2 -2 BECERREÁ: EMPATE ENTRE DOUS EQUIPOS QUE O FINAL DA TEMPADA DEBERÍAN ESTAR NA ZONA ALTA DA CLASIFICACIÓN.

jueves, 9 de octubre de 2008

PREVIA DA 5ª XORNADA

Esta fin de semana dispútase a 5ª xornada de liga; enfrontámonos no Sangoñedo ó Sober o sábado ás 4:30. Despois da mala imaxe dada en Monterroso, debemos mellorar en tódolos aspectos esta fin de semana se queremos lograr a primeira victoria da tempada, que se nos resiste, e que sería moi importante, sobre todo a nivel de moral, xa que a estas alturas todavía é moi cedo para preocuparse polo posto que se atopa na táboa. O resto de partidos son:

Monterroso - Taboada
Corgo - Lajosa
San Roque - Paradela
Palas - A Barrela
Santa Comba - Residencia
Bóveda - San Lázaro
Arenas - Becerreá

martes, 7 de octubre de 2008

SEGUNDA DERROTA; RESUMO DA XORNADA



DE NOVO MALA XORNADA PARA NÓS, QUE CAEMOS, ESTA VEZ MERECIDAMENTE, FRONTE Ó MONTERROSO POR UN CLARO 3-0, XA QUE FORON SUPERIORES NUN MAL PARTIDO NOSO; POR CERTO, O EX-XOGADOR DO CHANTADA, BARRIO, MARCOUNOS DOUS GOLES.


EN CANTO Ó RESTO DA XORNADA, POUCAS SORPRESAS, OS RESULTADOS FORON OS SEGUINTES:


A Barrela CF 0-1 SDC Santa Comba

CD Lajosa 1-2 SDC San Roque

SD Becerreá 3-1 CD Sober

SD Monterroso 3-0 SD Chantada B

SD Paradela - CD Palas (suspendido)

SD Residencia 2-2 AD Bóveda

SD San Lázaro 1-1 CD Arenas

Taboada CF 2-2 CD Corgo

jueves, 2 de octubre de 2008

PRIMEIRA DERROTA; RESUMO DA XORNADA

Chantada B 1-2 Becerreá:
Partido con moi poucas ocasións. Adiantámonos moi pronto co gol de Marcos cun bó cabezazo a saída dun córner, e aínda que dominaba o Becerreá, tiñamos o partido bastante controlado. Sen embargo, nun minuto marcáronnos dous goles e remontáronnos o partido. Unha mágoa, aínda que quizais o resultado máis xusto fora un empate. Tamén cabe destacar que acudimos ó partido con moitas baixas, incluida a de Adrián, que foi xogar co equipo de Preferente.

CD Corgo 3 - 2 SD Monterroso:
O Corgo acadou o seu primeiro triunfo da tempada a costa dun Monterroso que non está a comezar ben a domicilio.

SDC San Roque 3 - 1 Taboada CF:
O San Roque logrou a súa segunda victoria como local, amosando así a súa seguridade como local, ante un Taboada que non acaba de arrancar.

AD Boveda CF 5 - 0 A Barrela CF:
Goleada do Bóveda que o reafirma como o equipo máis en formo deste tramo inicial, no que só sabe gañar; A Barrela é o pechacancelas, pois aínda non puntuou.

CD Sober 1 - 1 SD San Lazaro:
O Sober e o San Lázaro seguen sen perder neste inicio de liga, se ben é certo que os lucenses tampouco coñecen todavía a victoria.

Palas CF 4 - 2 SD Lajosa:
O Palas sigue polo bo camiño, mentres que o Lajosa só suma un punto.

SCD Santa Comba 1 - 3 SD Paradela:
O Santa Comba, que só suma dous puntos, sufriu un traspés ante un Paradela que sumou os seus primeiros puntos da tempada.

Club Arenas 1 - 2 SD Residencia
O Arenas sufriu o seu primeiro pinchazo ante a Residencia, que aínda non perdeu e que xa empeza a amosar o seu potencial.

jueves, 25 de septiembre de 2008

PREVIA DA 3ª XORNADA

Chantada B - Becerreá:
Despois de sumar dous empates en sendos partidos, temos ganas de vencer xa. De todos modos, sabemos que enfronte teremos un rival moi complicado que se prevé que esté nos postos de arriba ó final da tempada, polo que deberemos de facer un bo partido para vencer. Non obstante, ó xogar no Sangoñedo sairemos a por todas, e seguro que chega o primeiro triunfo da tempada.
Corgo - Monterroso:
Despois da goleada da pasada semana, o Monterroso tratará de ratificar o seu bo momento de forma vencendo no campo do Corgo, que só suma un punto.

San Roque - Taboada:
Ata o de agora, nos partidos do Taboada non se viron goles, todo o contrario que nos do San Roque, que xa venceu e perdeu por goleada. Polo tanto, partido sen un favorito claro.

Palas - Lajosa:
O Palas tratará de ratificar o seu bo momento nun partido no que é favorito ante o Lajosa.

Santa Comba - Paradela:
O Santa Comba tratará de aproveitarse do mal momento do Paradela, que aínda non puntuou, para lograr o seu primeiro triunfo da tempada.

Bóveda - A Barrela:
O Bóveda, colíder con 6 puntos, é favorito ante a Barrela, que aínda non sumou nesta campaña.

Arenas - Residencia:
Partido que se prevé igualado en Monforte, se ben o Arenas parte como favorito debido o seu mellor comezo.

Sober - San Lázaro:
Duelo que se prevé igualado entre dous equipos que aínda non perderon neste inicio de campaña.

lunes, 22 de septiembre de 2008

SEGUNDO EMPATE; RESUMO DA XORNADA

CD Corgo 1-1 SD Chantada B:
Segunda xornada de liga e segundo empate que colleitamos. Adiantámonos moi pronto co gol de Adrián, e na primeira metade puidemos ampliar a vantaxe, pero non o conseguimos. No segundo periodo, o Corgo animouse un pouco máis e empatou, un premio, ó meu ver, demasiado grande. Outra vez máis, faltounos materializar as nosas ocasións e terminámolo pagando. De tódolos xeitos, a imaxe do equipo foi boa, e vese que melloramos semana a semana, pese a ter todavía varias baixas.
Pola súa banda, o Corgo conseguiu o primeiro punto da tempada.

A Barrela CF 2-3 CD Arenas
A Barrela segue sen puntuar, aínda que contra o Arenas parece ser que mereceu mellor sorte. Pola súa banda, o Arenas suma 6 de 6 e lidera a clasificación.


CD Lajosa 1-1 SDC Santa Comba
Empate entre dous equipos que todavía non coñecen a victoria; o Lajosa suma un punto e o Santa Comba dous.

SD Monterroso 4-0 SDC San Roque
O Monterroso desfíxose sen problemas do San Roque, e tras caer na xornada inaugural, empeza a amosar o seu potencial; pola súa banda, o San Roque, despois de comezar ben a liga, sufriu unha contundente derrota.

SD Paradela 1-2 AD Bóveda
O Paradela segue sen puntuar, mentres que o Bóveda é colíder xunto co Arenas despois de sumar os 6 puntos disputados.

SD Residencia 0-0 CD Sober
A Residencia suma dous puntos despois de colleitar sendos empates. O Sober, pola súa banda, ratifica o seu bo comezo de tempada, no que suma 4 puntos.

SD San Lázaro 1-1 SD Becerreá
San Lázaro e Becerreá suman dous puntos no incio de campionato despois de contar os seus partidos por empates. Desta volta, foi un bonito duelo entre dous equipos que darán que falar.

Taboada CF 0-0 CD Palas
O Taboada suma dous puntos, tras sendos empates. Ademais, o equipo da Medela non sabe o que é marcar nin que lle marquen. Pola súa banda, o Palas certifica un bo comezo, no que suma 4 puntos.

viernes, 19 de septiembre de 2008

2ª XORNADA DE LIGA


Esta fin de semana dispútase a segunda xornada de liga. Será a nosa primeira saída, neste caso para enfrontarnos ó Corgo, no que será un partido difícil, pois nesta categoría é moi complicado gañar como visitante.
De tódolos modos, nós iremos coa idea de acadar a nosa primeira victoria da tempada. Eles seguro que teñen ánimo de revancha, pois non comezaron ben, xa que perderon 3-0 na primeira xornada.
O resto de partidos da xornada son:

Monterroso - San Roque

Taboada - Palas

Lajosa - Santa Comba

Paradela - Bóveda

A Barrela - Arenas

Residencia - Sober

San Lázaro - Becerreá

martes, 16 de septiembre de 2008

COMEZAMOS CUN EMPATE; RESUMO DA XORNADA

O pasado domingo comezamos a liga cun empate na casa ante o San Lázaro. Na primeira metade fomos mellores, pero non marcamos. Sí o fixemos o principio do segundo periodo; despois puidemos incrementar a vantaxe, pero non o logramos, mentres que eles tamén se achegaron algunha vez á nosa portería. Preto do final, empatáronnos cun gol de falta, así que un punto para cada equipo. Os resultados da xornada foron os seguintes:

Bóveda 1-0 Lajosa:
O Bóveda, despois de estar apiques de subir a tempada pasada, comeza forte esta campaña, mentres que o Laxosa perdeu nun campo difícil.

Arenas 3-0 Paradela:
O Arenas comeza a tempada cunha cómoda victoria que o aúpa o máis alto da táboa. Os de Néstor esperan estar arriba esta temporada; pola súa banda, o Paradela non comeza con bó pé.
Palas 3-2 Monterroso:
O Palas, recén descendido, levouse un derbi no que o Monterroso chegou a vencer por 1-2; os dos Cerdeiriños viron como o Palas lle daba a volta o partido e deberán esperar á 2ª xornada para empezar a sumar.

Sober 2-1 A Barrela:
O Sober de Chura impúxose por 2-1 á Barrela, que regresaba á categoría despois de ascender a campaña pasada. Os soberinos comezan deste xeito sumando tres puntos, mentres que os visitantes venderon cara a súa derrota.

Becerreá 3-3 Residencia:
Partido con goles en Becerreá entre dous equipos que se espera que estén na zona media-alta da táboa esta tempada.

Chantada B 1-1 San Lázaro:
Reparto de puntos no Sangoñedo, entre un Chantada B que esta campaña é un equipo moi renovado e un San Lázaro que ven de baixar de 1ª Rexional.

San Roque 3-0 Corgo:
O San Roque xa é colíder xunto co Arenas despois de vencer ó Corgo, que non empeza con bó pé a tempada.

Santa Comba 0-0 Taboada:
O único partido sen goles da xornada. O Taboada comeza puntuando fora, algo que sempre é importante, mentres que o Santa Comba, descendido de 1ª Rexional, non logrou empezar con victoria.

jueves, 11 de septiembre de 2008

Empeza o serio

Este fin de semana comezamos a competición. Despois de máis dun mes de adestramentos e partidos amistosos, por fin empeza "o serio". A verdade e que fomos progresando durante toda a pretempada, aínda que a sorte coas lesións non nos axudou nada neste tramo de preparación.

De todos modos, xa temos moitas gañas de comezar a competir, e este domingo intentaremos lograr unha victoria para comezar con bó pé a liga. O rival non será nada doado, o San Lázaro, que descendeu a tempada pasada de 1ª Rexional, e que seguro que será un rival moi complicado.

Na pretempada logramos dúas victorias (Taboada e Antas) e dúas derrotas (A Barrela e Sober), pero competimos ben en tódolos encontros, e confiamos en ter un bo debut.

O partido será este domingo ás 5:30 da tarde no Sangoñedo.

martes, 9 de septiembre de 2008

Rematamos a pretempada


No último partido amistoso perdemos por 1-2 ante o Sober. O partido estivo igualado, pero fallamos en defensa nos dous goles e esto costounos a derrota. O noso gol marcouno o pichichi da pretempada, Adrián, que rematou deste xeito o periodo de preparación con 4 dianas. Tivemos varias baixas de xogadores lesionados, a ver si podemos recuperar a algún para o comezo da liga, este domingo. A verdade e que non nos está a acompañar a fortuna no tema das lesións nesta pretempada.

De todos modos, xa estamos preparados para empezar a competición oficial, aínda que desa xornada xa falaremos. A pretempada creo que foi bastante boa, polo que esperamos chegar ben ó comezo da liga, se ben é certo que somos unha plantilla completamente nova e aínda teremos que seguir mellorando.

lunes, 1 de septiembre de 2008

SEGUIMOS XOGANDO AMISTOSOS


Bueno, pois unha semana máis, disputamos partido amistoso, aínda que desta vez foi por partida doble: o sábado vencemos ó Antas por 2-1. Empezamos perdendo cun gol de penalti, pero antes do descanso xa empatamos co gol de David despois dun bo pase de Efrén. Na segunda metade, cerca do final, Adrián marcou o 2-1 definitivo.


O domingo perdemos contra a Barrela por 2-1. Foi un partido malo pola nosa parte, a parte de que tamén se notara o feito de xogar un partido o día anterior. Adiantáronse no primeiro periodo e no segundo puxéronse 2-0. Ó final do partido, Adrián (que está nun gran momento de forma) marcou de penalti cometido sobre Amis.


Os partidos seguiron para seguirnos proando e acabar de coller o tono físico, xa que pronto comezaremos a tempada. Xa só nos queda un amistoso, que será o sábado no Sangoñedo fronte o Sober.

viernes, 29 de agosto de 2008

MÁIS AMISTOSOS


XA SE ACHEGA O COMEZO DA LIGA, SÓ QUEDAN DÚAS SEMANAS, E INDA NOS TEMOS QUE PREPARAR. POR ISO, ESTA FIN DE SEMANA XOGAMOS DOUS PARTIDOS AMISTOSOS. MAÑÁ SÁBADO ÁS 7:30 DA TARDE CONTRA O ANTAS, QUE XOGA EN 3ª REXIONAL, E O DOMINGO FRONTE A BARRELA, CREO QUE ALÁ.

O RESULTADO SERÁ O DE MENOS NESTES PARTIDOS, NOS QUE O IMPORTANTE SERÁ QUE NOS SIGAMOS A CONXUNTAR, XA QUE SOMOS UN EQUIPO TOTALMENTE NOVO. DE MOMENTO ESTAMOS A ADESTRAR BEN, POLO QUE QUEREMOS QUE ESO SE VEXA NO CAMPO. SAÚDOS.

miércoles, 27 de agosto de 2008

VICTORIA FRONTE O TABOADA


POIS ESO; NO PRIMEIRO AMISTOSO "SERIO", ENFRONTÁMONOS Ó TABOADA. VENCEMOS POR UN GOL A CERO NOS ÚLTIMOS MINUTOS CO GOL DE ADRIÁN.

DESPOIS DE DÚAS SEMANAS DE ADESTRAMENTOS ERA UN BOA PROBA PARA SABER COMO ESTABAMOS, E A VERDADE É QUE SAÍMOS SATISFEITOS. EN DEFENSA ESTIVEMOS BASTANTE BEN, SEN CONCEDER OCASIÓNS DE GOL. EN ATAQUE NON CREAMOS MOITO PELIGRO, PERO PODEMOS SACAR UNHA BOA VALORACIÓN DO ENCONTRO. ADEMAIS, CONSEGUIMOS O PRIMEIRO TORNEO ICOS.

AGORA, TRAS AS FESTAS, ESTE FIN DE SEMANA XOGAREMOS DOUS AMISTOSOS, O SÁBADO NO SANGOÑEDO FRONTE O ANTAS E O DOMINGO CONTRA A BARRELA. SERÁN DOUS PARTIDOS MÁIS PARA SEGUIR CONXUNTÁNDONOS.

lunes, 18 de agosto de 2008

PRIMEIRA ACTUALIZACIÓN

Son Juan, do Chantada B, e serei quen actualice o blog deste equipo. Para comezar, falarei do partido amistoso do sábado contra o xuvenil A. Despois da nosa primeira semana de adestramentos, era o primeiro partido, e os xuvenís ganáronnos 2-1.
Era o primeiro partido e inda estamos collendo o tono físico, así que podemos sacar unha boa valoración deste partido. Co paso dos días ímonos encontrando mellor, sobre todo físicamente, que é o que estamos a traballar nestes primeiros días de adestramento. O noso seguinte encontro será o luns das festas contra o Taboada, e intentaremos chegar o mellor posible a ese partido.

Un saúdo.

jueves, 3 de julio de 2008

Blog adicado á 2ª Rexional


Aquí nace un novo blog adicado ó grupo VII da 2ª Rexional. Nel, un xogador do Chantada B analizará tódalas semanas a xornada do fin de semana, os momentos dos distintos equipos, os favoritos... Ademais, poderedes ser membros activos deste blog participando nas distintas enquisas que propoñamos, deixando os vosos comentarios, enviándonos fotos de partidos para que poñamos aquí... etc. Todo sobre a 2ª Rexional.