jueves, 2 de octubre de 2008

PRIMEIRA DERROTA; RESUMO DA XORNADA

Chantada B 1-2 Becerreá:
Partido con moi poucas ocasións. Adiantámonos moi pronto co gol de Marcos cun bó cabezazo a saída dun córner, e aínda que dominaba o Becerreá, tiñamos o partido bastante controlado. Sen embargo, nun minuto marcáronnos dous goles e remontáronnos o partido. Unha mágoa, aínda que quizais o resultado máis xusto fora un empate. Tamén cabe destacar que acudimos ó partido con moitas baixas, incluida a de Adrián, que foi xogar co equipo de Preferente.

CD Corgo 3 - 2 SD Monterroso:
O Corgo acadou o seu primeiro triunfo da tempada a costa dun Monterroso que non está a comezar ben a domicilio.

SDC San Roque 3 - 1 Taboada CF:
O San Roque logrou a súa segunda victoria como local, amosando así a súa seguridade como local, ante un Taboada que non acaba de arrancar.

AD Boveda CF 5 - 0 A Barrela CF:
Goleada do Bóveda que o reafirma como o equipo máis en formo deste tramo inicial, no que só sabe gañar; A Barrela é o pechacancelas, pois aínda non puntuou.

CD Sober 1 - 1 SD San Lazaro:
O Sober e o San Lázaro seguen sen perder neste inicio de liga, se ben é certo que os lucenses tampouco coñecen todavía a victoria.

Palas CF 4 - 2 SD Lajosa:
O Palas sigue polo bo camiño, mentres que o Lajosa só suma un punto.

SCD Santa Comba 1 - 3 SD Paradela:
O Santa Comba, que só suma dous puntos, sufriu un traspés ante un Paradela que sumou os seus primeiros puntos da tempada.

Club Arenas 1 - 2 SD Residencia
O Arenas sufriu o seu primeiro pinchazo ante a Residencia, que aínda non perdeu e que xa empeza a amosar o seu potencial.

No hay comentarios: