martes, 4 de noviembre de 2008

¡¡¡SEXTA DERROTA CONSECUTIVA!!!; RESUMO DA 8ª XORNADA

Lajosa 2-1 Chantada B: sexta derrota seguida que acumulamos, pese a que non o merecemos por xogo; o outro día chegamos ó descanso perdendo 1-0, na segunda metade empatamos cun gol de Adrián, pero no último segundo marcáronnos o 2-1 (xa nin nos deu tempo a sacar de centro), despois de que nós perdonaramos o segundo minutos antes. Pola súa banda, o Laxosa conseguiu a súa primeira victoria da tempada e xa nos supera na táboa.

Paradela 0-0 Taboada: empate entre dous equipos que seguen na zona media-baixa da clasificación.

A Barrela 0-1 Monterroso: sufrido triunfo dun Monterroso que segue forte ante A Barrela, que aínda non sumou.

Residencia 6-0 Corgo: goleada que confirma o potencial da Residencia.

San Lázaro 1-1 San Roque : empate entre dous equipos que están firmando un bo comezo.

Becerreá 5-2 Palas: contundente victoria do Becerreá ante o Palas, o que supón un traspés para estes. Os locais seguen a amosar que estarán arriba.

Sober 1-0 Santa Comba: o Sober segue coa súa boa xeira de resultados a costa de un Santa Comba que está na zona media-baixa.

Arenas 2-3 Bóveda: o Bóveda recupera o lideraro despois de vencer ó Arenas na Pinguela, pese a xogar cun menos moito tempo.

No hay comentarios: